top of page

ACTIVIDADES

 27/11

PAZO DA OCA

Visita realizada polos alumnos de 3º- 4º ESO.

 

 

 18/11

PAZO DE SANTA CRUZ

Visita a Bueu dos alumnos de 1- 2º- 3º e, primaria

 

 2/12

VISITA AO CRUCEIRO DO HÍO E O SEU ENTORNO

Alumnos de 5º- 6º de E.Primaria  visitaron o  Cruceiro de Hío e a súa rectoral.

 

 20/1

SAÍDA  AO PAZO DA TORRE DE ALDÁN.

 

Coincidindo co día de San Sebastián visitamos a Torre un lugar histórico onde viviron os membros da liñaxe dos Aldao que anos despois se casaron cos Canalejas.

27/1

MUÍÑO DE FAUSTO

Un dos oficios máis representativos da época dos pazos é a de muiñeiro.Estas persoas eran as encargadas de coidar o muíño e poñelo en funcionamento na época de muiñar.Os alumnos de 1º- 2º e 3º de E.Primaria visitamos o muíño de Fausto onde Clemente nos ensinou cousas sorprendente

6/2

ENTROIDO NA TORRE

Un entroido cheo de historia, música, gastronomía e emocións.

 

17/3

DOCUMENTAL

Os alumnos de 6º de E. primaria e 4º  de ESO ,traballamos nun audiovisual no que queremos recoller o xeito de vida do nosos antergos, naquela época en que os señores dos pazos disfrutaban de privilexios á costas do traballo e das terras dos veciños .

 

ACTIVIDADES  PROGRAMADAS  

VISITA A TORRE DE ALDÁN

Non podía faltar a visita que realizamos ao pazo da Torre de Aldán nunha data tan importante para todos os veciños desta parroquia.Como é costume todos os vinte de xaneiro se baila a Danza de San Sebastián ,ou de Aldán, un baile ancestral que durante moitísimos anos se bailaba tamén no pazo onde vivían os señores de Aldao e posteriorme os condes de Aldán.

CRUCEIRO E ENTORNO DO HÍO

Os alumnos de 5º e 6º visitamos un dos entornos máis privilexiados dende o punto de vista patrimonial e  artístico de Galicia.............

DOCUMENTAL

Os alumnos de   6º Primaria e 4º ESO estamos a elaborar un documental sobre a vida do pazo da Torre de Aldán. Para elo documentámonos sobre a súa historia e visitamos o propio pazo e os lugares de ocio  e recreo que posúían así como os muíños e lugares de traballos da xente da aldea.

R

E

V

I

S

T

A

  F

  E

  S

  T

  I

  V

  A

  L

PAZO DA OCA E CASA DE ROSALÍA DE CASTRO

Os alumnos de  3º e 4º de E. Primaria visitaron un dos pazos máis importantes de Galicia,coñecido como  o Versalles galego e a casa de Rosalía de Catro.

ENTROIDO NO PAZO DA TORRE DE ALDÁN

Actividade levada a cabo por todo o centro coincidindo co Entroido

PAZO DE SANTA CRUZ

Os alumnos de 1º, 2º, e 3º, d E. Primaria pasaron unha mañá no pazo de Santa Cruz acompañados dun experto guía en heráldica e pazos, Arturo Cidrás, o que lle agradecemos a súa atención para con nós.

TESTIMONIOS ARREDOR DO PAZO

Unha das fontes de información máis fiable son as propias vivencias de persoas que viviron de cerca a vida entorno ao pazo e o que conlevou ás persoas que vivían  da aldea.

MUÍÑO DE FAUSTO

Unha visita moi interesante onde descubrimos o funcionamento e usos do muíño. O seu encargado Clemente foi o noso guía e explicounos as partes do muíño e os costumes.

bottom of page